Skip to content Skip to footer
O lobo da xente

Título: O lobo da xente

Autor: Vicente Risco

Sinopse: Ánxel apaña follas de castiro nun souto, cando escoita falar da presenza do lobo da xente na contorna. O mozo métese no sequeiro, asegurando a porta e recada o machado para defenderse. Logo acende o lume e senta a esperar. Pasado un tempo sente rabuñar na porta. Deseguida escoa nas fendas a pouta grande coma dun oso e o fociño de cairos afiados. Ánxel anícase nun agocho e desde alí espreita entrar o lobo. Desde o escondedoiro mírao ceibarse do pelexo para que no lugar da fera apareza unha muller chorosa. Ás presas, Ánxel recada a pel cun varal e guinda con ela no lume. A pel, doente, procura fuxir, pero o mozo impídello e ao cabo arde por completo. A moza cóntalle entón que é filla do señor Farruco de Návea. Cando el morreu, a nai casou con outro home e nunha ocasión, para defenderse do padrasto, a moza levoulle a man cun fouciño. Enfadada, a nai botoulle unha fada da que non podería ceibarse ata perder a pel de lobo. “Non hai pra que dicir: o conto remata referindo qu’o Ánxel e mail-a moza casaron”.

Contexto da obra

Quando a classificação é mais ampla, o contexto do livro costuma depender ainda mais de autoria, tema e edição. “O lobo da xente”, de Vicente Risco, publicado pela editora Lar, em 1925 e com 25 páginas, integra a categoria Livros Variados. Por isso, autoria, edição e tema acabam tendo ainda mais peso na forma de apresentar o livro.

Editora: Lar

Páginas: 25

Ano: 1925

Edição:

Linguagem: espanhol

ISBN:

ISBN13:

    Leave a comment

    E-mail
    Password
    Confirm Password
    0
      0
      Seu Carrinho
      Carrinho VazioContinue Comprando
      0,0
      (0 avaliações)
      Clique no livrinho correspondente para avaliar.